O polbo
No Carballiño, o polbo é moito máis ca un prato típico: é o símbolo gastronómico de todo un territorio. A súa historia remóntase a máis de tres séculos atrás, cando este produto mariño comezou a formar parte da vida e da cultura da vila. Dende entón, converteuse na preparación máis recoñecida da comarca, especialmente na súa versión máis tradicional, o “polbo á feira”.
Cada ano, o segundo domingo de agosto, a Festa do Pulpo do Carballiño, declarada de Interese Turístico Internacional, reúne a milleiros de persoas para gozar deste manxar preparado de maneira auténtica. É un evento que non só pon en valor o produto, senón tamén o saber facer de «pulpeiras» e «pulpeiros».
O Club de Produto Polbo con Orixe nace para poñer en valor esta tradición, reforzar o seu recoñecemento e posicionar a vila como epicentro galego e nacional na preparación do polbo, a través da unión de «pulpeiras» e «pulpeiros», restauradores, adegas e aloxamentos arredor dunha experiencia gastronómica única.
Pulpeiras e pulpeiros do Carballiño
O oficio de «pulpeiras» e «pulpeiros» ten a súa orixe en Santa María de Arcos, unha parroquia do municipio que foi berce de xeracións de profesionais dedicados á preparación do polbo. O seu traballo combina técnica e experiencia: coñecer os tempos de cocción, cortar con precisión e servir o prato co toque exacto de sal, pemento e aceite.
Estes profesionais son parte fundamental da identidade gastronómica do Carballiño e representan os valores do Club: autenticidade, tradición, calidade e experiencia. En cada feira, festa ou romaría, manteñen viva unha forma de cociñar e servir que deu fama á vila máis alá de Galicia.
Grazas a eles, o visitante pode vivir unha experiencia auténtica, xa sexa nunha feira tradicional, nun restaurante da vila ou coa maridaxe do polbo cun viño do Ribeiro e un pan de Cea. Conectan pasado e presente, tradición e innovación, arredor do produto que mellor representa ao Carballiño.
Pulpeiras e pulpeiros do Carballiño
O oficio dos pulpeiros e pulpeiras ten a súa orixe en Santa María de Arcos, unha parroquia do municipio que foi berce de xeracións de profesionais dedicados á preparación do polbo. O seu traballo combina técnica e experiencia: coñecer os tempos de cocción, cortar con precisión e servir o prato co toque exacto de sal, pemento e aceite.
Estes profesionais son parte fundamental da identidade gastronómica do Carballiño e representan os valores do Club: autenticidade, tradición, calidade e experiencia. En cada feira, festa ou romaría, manteñen viva unha forma de cociñar e servir que deu fama á vila máis alá de Galicia.
Grazas a eles, o visitante pode vivir unha experiencia auténtica, xa sexa nunha feira tradicional, nun restaurante da vila ou maridando o polbo cun viño do Ribeiro e un pan de Cea. Son quen conectan pasado e presente, tradición e innovación, arredor do produto que mellor representa ao Carballiño.

Únete ao Club de Produto
Polbo con Orixe
Contacta connosco para recibir un primeiro asesoramento e resolver todas as dúbidas que teñas.