Preguntas frecuentes

Que é o Club de Produto Polbo con Orixe?

É unha iniciativa do Concello do Carballiño que ten como obxectivo consolidarse como unha plataforma de colaboración entre empresas e outras institucións que forman parte das cadeas de valor turística e enogastronómica, coa finalidade común de apoiarse no polbo e outros activos locais da localidade e a súa contorna para diversificar a oferta de experiencias do destino.

O polbo é o piar sobre o que se artella o Club de Produto, polo que a figura de «pulpeiras» e «pulpeiros» contará cun especial protagonismo entre os asociados, de igual maneira que outros actores vinculados á gastronomía da contorna. Así mesmo, toda a cadea de valor turística ten cabida en Polbo con Orixe, se ben deberá acreditar unha certa vinculación co polbo e a tradición vinculada ao mesmo.

Si. Cos requerimentos de acceso búscase establecer uns estándares de calidade que, sempre co polbo no centro da estratexia, permitan garantir a diferenciación do Club respecto a outras iniciativas similares.

Si. Se ben é certo que formar parte da Asociación asegura o acceso directo ao club, isto non restrinxe a entrada doutras «pulpeiras» e «pulpeiros», que terán que cumprir unha serie de requisitos que garantan o seu aliñamento e coherencia coa esencia do Club.

Si. Polbo con Orixe é unha iniciativa que nace no Carballiño e que pretende outorgar un papel protagonista ao ecosistema turístico da contorna, pero aspírase a ampliar a súa proxección a outros territorios. En todo caso, as empresas interesadas en sumarse deberán cumprir unha serie de requisitos que demostren a súa vinculación co polbo e que garantan o seu aliñamento e coherencia coa esencia do Club.

Contacta connosco a través do enderezo electrónico clubdeproducto@carballino.gal ou ben podes facelo a través do formulario.

Porémonos en contacto contigo para explicarche o proceso de adhesión e resolver calquera dúbida que puideras ter.

O equipo técnico do Club de Produto será o responsable da primeira comprobación de cumprimento dos requisitos, ademais de asesorarte en todo o que sexa preciso. Unha vez verificada a documentación, darase traslado ao Comité de xestión do Club de Produto, que realizará a avaliación final e resolverá aqueles aspectos suxeitos a interpretación.

O Comité de xestión é o mecanismo que permite garantir unha óptima gobernanza do Club, e está formado por persoas expertas (dos ámbitos público e privado) vinculadas ao polbo e ao sector turístico.

En principio, non. En todo caso, o Club de Produto resérvase a posibilidade de realizar auditorías periódicas para comprobar que as empresas e entidades asociadas manteñen o seu compromiso e grao de cumprimento dos requisitos que lle deron acceso.

Así mesmo, se se decide no seo do Club de Produto, nun futuro poderían estipularse procesos de renovación periódicos, o que implicaría unha interlocución co noso equipo técnico, co obxectivo de constatar que se mantén o cumprimento dos requisitos e de que ambas partes temos interese mutuo en continuar coa vinculación.

Ademais de asociar a túa empresa a unha iniciativa que aspira a consolidar unha imaxe de marca de calidade arredor do polbo e o patrimonio inmaterial asociado, entrarás a formar parte dunha estrutura de traballo en rede na que se xerarán sinerxías e colaboracións con outras empresas asociadas. Ademais, terás acceso a formación e asesoramento para a definición e comercialización de experiencias turísticas, e incrementarás as túas opcións de proxección grazas ás accións de promoción do Club.

Non está previsto. En todo caso, non é descartable que en anos futuros o conxunto de asociados de Polbo con Orixe acorde a súa incorporación como mecanismo de financiamento da actividade do Club.

Poderás facelo comunicándonolo a través do enderezo electrónico clubdeproducto@carballino.gal. Nese caso, porémonos en contacto contigo e facilitarémosche un modelo de solicitude para tramitar a baixa voluntaria.